Quen somos

 

 

A Asociación Sociocultural “Alfaia” xurdiu no ano 2000 dunha xuntanza dos veciños do novo barrio de Fontiñas onde se expresou a inquedanza de moitas familias pola escasa oferta de actividades culturais na nova zona.

Como consecuencia desto acordouse constituír unha asociación aberta a todos e que tivese como fins principais a organización continuada de actividades educativas, culturais, formativas, de ocio e de promoción social, que posibilitasen un mellor uso e gozo do tempo dispoñible e polo tanto un aumento na calidade de vida dos veciños.

Nun local provisional en Area Central e no Instituto de Formación Profesional comezáronse actividades como a Escola de Educación Musical na que se impartiron varios niveis adaptados ás diferentes idades dos rapaces (Iniciación, Pre-solfexo, Solfexo), instrumentos (Guitarra, Piano, Violín, Percusión, Arpa, Gaita, Pandeireta, Tamboril, Saxo, Clarinete, Trompeta…) así como a formación dun Coro Infantil e de adultos.

Dende o ano 2008 iniciouse a actividade de Danza que se ven desenvolvendo nun local situado no Centro Comercial de Área Central. Dentro de esta actividade ofrécense diferentes estilos: Pre-ballet teatral, Ballet Clásico, Danza Moderna, Danza Contemporánea, Flamenco, Claque, Funky, Hip-hop, Broadway jazz, Breakdance, Lindy Hop, Pilates,…

A asociación está a traballar cunha media de 230 alumno/a/as de idades que van dende os 3 anos en diante, ofrecéndolles a posibilidade de acceder a unha formación de calidade no campo da música e danza a través de clases individualizadas e de grupo.

O obxectivo principal da asociación é acercar o mundo das artes musicais e escénicas a nenos e adultos, posibilitando a aprendizaxe nestas áreas , potenciando a súa creatividade. Estes obxectivos lévase a cabo grazas ao traballo de profesores con ampla formación e experiencia.