Vera Ivanova Karpova: Viola e Violín

Comezou os seus estudios de violín ós seis anos na Escola N-1 “Prokofiev” de Moscova. Continuou a súa aprendizaxe no Colexio Musical “Ippolitov-Ivanov” de Moscova e no Conservatorio Superior de Odessa, onde obtivo o Diploma de Profesora Superior na especialidade de Violín e Música de Cámara no ano 1990.

Durante os seus anos de perfeccionamento actuou en numerosas ocasións como solista e membro de conxuntos de música de cámara. Colaborou con distintas orquestras de Rusia e Ucraína. Ó mesmo tempo, foi profesora da Escola de Música de Moscova.

Dende 1990 vive en España. Durante dous anos deu clases na Academia Musical Salinas, en Asturias. Dende 1996 é profesora da Escola de Música “Berenguela” de Santiago de Compostela e da Escola de Música “Estudio”. Colabora habitualmente coa Real Filharmonía de Galicia.

Co seu marido, Gregorio Nedobora (membro dos Virtuosos de Moscú e principal da Real Filharmonía de Galicia), forma un dúo, que xa deu numerosos concertos en diversas cidades de Asturias e Galicia.