Paula Quintas Santos: Ballet, Contemporáneo, Moderno e Acrodanza

Bailarina, alambrista circense, docente e coreógrafa visual.

Empezou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela obtendo a Licenciatura en Historia da Arte Contemporánea.

Na súa segunda etapa, trasladouse a Londres onde se graduou en Danza Contemporánea, Expresión Corporal e Análise do Movemento a través da Notación Laban polo Conservatorio de Trinity Laban, e tamén en circo contemporáneo polo departamento de Central School of Speech and Drama (The Circus Space- National Center for Circus Arts ).

Subvencionada pola Deputación Provincial de Ourense, crea o proxecto C-F Dance, plataforma de danza interdisciplinar e pertence como artista relacionada a varias compañías de ámbito nacional e internacional como Compañía Traspediante (Galicia), Dizzy O’ Dare (Inglaterra) e Voltage Opposites Project (Galicia).

No ámbito da docencia, comeza no ano 2007 en Santiago de Compostela, impartindo disciplinas como Danza Creativa, Ballet e Danza Moderna-New Style para nenos e adultos. Na actualidade adícase a docencia en Danza Contemporánea en diferentes centros de Galicia, counha aproximación pedagóxica a artistas de artes escénicas en Circonove, e Alfaia Danza entre outros, e continúa a súa investigación co corpo en relación co espazo e a instalación performática.

Por outra banda, xunto con Marta Alonso, en Danza Nenxs desarrolla unha pedagoxía alternativa da danza para os nenos e nenas, en diferentes centros de Santiago de Compostela, entre os que destaca Danza Alfaia.

0034-669258384

info.paulaquintas@gmail.com

www.qpausantos.blogspot.com