Natural de Cedeira ( A Coruña)
Inicia os seus estudos musicais na Escola de Música do Concello de Cedeira.
En 2003 ingresa no Conservatorio Profesional de Música das Pontes, continuando os seus estudos de Clarinete no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol con José Luís Vázquez Lorenzo. Completa o grao profesional de música no CMUS de Santiago de Compostela donde recibe clases do profesor Saúl Canosa Ínsua.
En 2009 ingresa na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia onde estuda con Beatriz López Ramírez, Clarinetista da Real Philarmonía de Galicia, realizando martesclasses de perfeccionamento musical cos profesores Alexander Gold e José Luís Turina.
Participa en clases de análise, música de cámara e encontros orquestais da EAM´S Orchestra baixo a batuta de directores como Jordi Mora ou José Luís Estellés.
En 2011 efectúa un intercambio de un ano, destro do programa ERASMUS, na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE)da cidade de Oporto. Nese mesmo ano recibe clases de clarinete dos profesores Nuno Pinto e Antonio Saiote, participando tamén en actividades como o Ensemble de Clarinetes Príncipe de Asturias ou a Orquestra Sinfónica da ESMAE.
En el 2013 conclúe a especialidade de Clarinete na Universidade de Aveiro, onde recibe clases do profesor Luís Carvalho, participando, dentro da mesma universidade, en diversas formacións, tales como o Ensemble de Clarinetes, Orquestra de Sopros ou a Orquestra Sinfónica, en colaboración coa Orquestra das Beiras.
Participou tamén en diversas masterclasses de clarinete con profesores como Manuel J. Rives, Neil Meyer, Venancio Rius, Enrique Pérez Piquer, Ricardo Ríos Salgado, Josep Fuster, José Luís Estellés, Eric Hoeprich, Andreas Sunden e Michel Arrignon, entre outros.
Formou parte da Summer Academy Remix Ensemble no verán do 2015 e colaborou con agrupacións como Orquestra do Norte, Clarinetíssimo Ensemble ou a Banda e Orquestra Sinfónica de Jovens de Santa María da Feira.
Na actualidad está completando o Grao en Mestra de Educación Primaria, mención musical, na Facultade de Ciencias da Educación da USC.