Anne Tooming: Piano e Acordeón

Anne Tooming naceu en Estonia e comenzou os seus estudos de piano á idade de seis anos, tendo como primeira profesora á súa nai, Viiu Tooming, reconocida pianista e directora de corais no seu país. Ós 10 anos ingresou no prestixioso Instituto Musical de Tallin, baixo a tutoría de Kersti Palm e continuou os seus estudos no Conservatorio Superior de Tallin, tendo como profesor a Lauri Väinmaa. Posteriormente iniciou a súa actividade profesional como pianista acompañante de canto e dentro de diversos grupos de cámara.

Establécese en Galicia no ano 2001 e dende entón realizou unha ampla labor docente centrada nas materias de piano e linguaxe musical. Tamén dirixe varias agrupacións corais, sendo premiado o seu traballo en varias ocasións, tanto como directora como na súa faceta de compositora de música coral. Completou a súa formación pianística no Conservatorio superior de Música da Coruña co profesor Xavier Ares Espiño. Durante estes anos recibíu clases maxistrais dos pianistas Ivan Klansky, Peter Efler e Wolfgang Watzinger.

Na súa faceta como intérprete participou en varios proxectos de música contemporánea, entre os que destacanlos conciertos didácticos sobre Sonatas e Interludios para piano preparado de John Cage. No ano 2012 gañou o Concurso de Solistas do Conservatorio Superior de Música da Coruña, o que lle permitíu actuar xunto á agrupación orquestral do centro no Auditorio de Galicia. Tamén foi  seleccionada no II Concurso de Interpretación Solista coa Banda Municipal de Música da Coruña.