Música e movemento ….3 a 6 anos

Obxectivos:

1. Discriminar dos contrastes básicos, longo/curto, agudo/grave, forte/suave, subida/baixada, imitación de sons individuais.

2. Interpretar un repertorio de cancións sinxelas seguindo o ritmo e a melodía.

3. Participar no canto en grupo e respecto á indicacións xestuais que o modulan.

4. Explorar as propiedades sonoras do propio corpo, de obxectos cotiáns, de instrumentos musicais e produción de sons e ritmos sinxelos.

5. Participar en danzas sinxelas con iniciativa, graza e precisión de movementos.

6. Utilizar de forma adecuada instrumentos musicais sinxelos para acompañar o canto, a danza e o movemento.

 

Actitudes a valorar:

1. Goce co canto, baile, danza e interpretación musical.

2. Actitude relaxada e atenta durante as audicións seleccionadas e dispoñibilidade para escoitar pezas novas.

3. Traballo da percusión corporal levando a cabo distintos exercicios e xogos.