Linguaxe Musical dende os 8 anos

  • Desenvolvemento de capacidades expresivas e creativas dende o coñecemento e práctica dos ritmos e melodías.
  • Elaboración da escrita musical e de pequenas melodías.
  • Creación de pequenos ritmos e melodías sinxelas tanto en compases binarios como ternarios.
  • Incremento das capacidades psicomotrices, coa aparición das automatizacións de diferentes ritmos tanto de percusión corporal como de solfexo.
  • Execución vocal de cancións nas que participan en agrupacións corais.
  • Comezo de lectura en clave de fa e aumento da dificultade das obras a solfexar.
  • Interpretación de distintos instrumentos para saber executar as obras de xeito individual e en grupo.

Segundo a estación na que nos atopemos faremos cancións e interpretacións destas que máis adiante se valorarán nos recitais.