Obxectivos:
Adoptar unha postura corporal que permita a correcta colocación do instrumento e favoreza a actividade e coordinación de ámbalas dúas mans.
Iniciar o desenvolvemento da coordinación motriz necesaria para a execución instrumental.
Coñecer as características morfolóxicas do instrumento e saber utilizalas dentro das esixencias do nivel.
Interpretar un repertorio básico de pezas de dificultade axeitada a cadanseu nivel.
Interpretar de memoria textos musicais.
Contidos:
Descrición dos elementos do instrumento
Coñecemento dos mecanismos de afinación do instrumento
Práctica de colocación e estabilidade do instrumento
Práctica de exercicios de relaxación e control muscular que permitan adoptar unha postura axeitada do corpo, posibilitando a correcta colocacion do instrumento e a acción do conxunto brazo-antebrazo-pulso-man-dedos esquerdos sobre o diapasón e a pulsación dos dedos da man dereita sobre as cordas, así como a coordinación entrámbolos dous.
Iniciación á práctica de escalas e arpexos.
Práctica de obras e estudos axeitados, que favorezan o desenvolvemento conxunto da capacidade musical e técnica.
Interpretación de memoria de textos musicais.
Interpretación en público de obras do repertorio estudado como xeito de desenvolver un maior autocontrol.