Frauta

Obxectivos:

Adoptar unha correcta posición corporal en consonancia coa configuración do instrumento.

Coñecer as características e posibilidades sonoras do instrumento, saber utilizalas dentro das esixencias do nivel, así como desenvolver hábitos de coidado e mantemento do mesmo.

Adquirir unha técnica básica que permita interpretar correctamente en público un repertorio integrado por obras ou pezas de diferentes estilos.

Adquirir e desenvolver hábitos de estudo básicos, correctos e eficaces.

Coñecer a técnica e os recursos para o control da afinación do instrumento, nos casos nos que a súa natureza así o permita.

Despertar no alumnado o aprecio e o respecto pola arte da música a través do coñecemento do seu instrumento e da súa literatura.

Concibir a práctica instrumental como un medio para formar persoas íntegras que aprecien e gocen da experiencia musical, incorporando estas vivencias á súa propia cultura.

Contidos:

Práctica de exercicios de relaxación e control muscular, de xeito que permitan adoptar unha postura axeitada do corpo, unha correcta colocación do instrumento e a coordinación entrámbalas dúas mans.

Exercicios de respiración (con ou sen instrumento) para o desenvolvemento da capacidade pulmonar.

Fortalecemento dos músculos faciais.

Desenvolvemento da flexibilidade dos labios, coa práctica de intervalos ligados e con posicións fixas.

Principios básicos da dixitación.

Aprendizaxe dos diversos xeitos de emisión e de articulación axeitados ás ensinanzas elementais.

Práctica de exercicios que desenvolvan a sensibilidade auditiva como premisa indispensable para a obtención dunha boa calidade de son.

Técnicas e recursos para o control da afinación.

Exercicios para o desenvolvemento progresivo da capacidade técnica do alumnado: escalas, arpexos e intervalos, con diferentes articulacións, velocidades, dinámicas e rexistros.

Entrenamento permanente e progresivo da memoria.

Lectura á vista de obras ou fragmentos sinxelos.