O pre-ballet é a etapa de iniciación á Danza Clásica. Nesta etapa introdúcense gradualmente as primeiras rutinas do ballet (solo, barra, diagonais), utilizando o xogo, a improvisación e esquemas coreográficos moi sinxelos.
Estas clases están enfocadas @s nen@s de 3 a 7 anos, combinándose instruccións de ballet moi básicas, dado que @s nin@s menores de 3 anos non son capaces de manter a concentración durante o tempo suficiente como para poder integrar con éxito a técnica clásica, carecendo tamén do control muscular necesario para realizar con seguridade certos movementos do ballet.
A estrutura das clases son:
Quecemento para preparar o corpo e a mente para o exercicio que van a realizar.
Exercicios de solo para que os máis pequenos poidan desenvolver flexibilidade e adquirir forza e control.
Exercicios de barra onde @s alumn@s comezan a aprender o control postural e os diferentes pasos básicos do ballet.
Exercicios no centro que requiren máis mobilidade, dinanismo e dificultade, combinando pequenas coreografías e xogos dinámicos.
Exercicios de estiramento e reverencia de despedida.
Os beneficios da práctica de ballet a estas idades son integrais: apréndese a disciplina da danza, desenvólvese a musicalidade, a psicomotricidade, o equilibrio, a espacialidade, a autoestima, a atención e o traballo en grupo.
O obxectivo primordial é desenvolver a súa expresividade, teatralidade corporal, dispoñibilidade ao xogo e construcción do movemento a través da súa propia imaxinación.