Danza Contemporánea

Este curso ten como obxectivo coñecer o noso corpo dende dentro cara fóra, utilizalo como soporte de traballo e así chegar ao movemento total.

Traballaremos técnicas como Cunningham, Release, Laban e Zambrano , centrándonos principalmente no centro condicionado, o espazo que nos rodea, as liñas corporais relacionables, a asimetría e simetría do movemento e o fluxo do eco da acción.

Outros elementos que se  desenvolverán e investigarán no curso son: o estudo do solo e o seu dominio coma un espazo máis, partindo da xénese do alumnado, o manexo da acción co menor esforzo muscular posible e o uso do espazo como algo global que nos rodea.