O ballet clásico ou danza clásica é unha forma de danza con movementos baseados no control total e absoluto do corpo, que se debe ensinar dende idade temperá. Recoméndanse iniciar os estudos desta danza clásica aos seis ou sete anos, xa que o ballet é unha disciplina que require concentración e capacidade para o esforzo como actitude e forma de vida.
A diferenza doutras danzas, no ballet cada paso está codificado. Participan invariablemente as mans, brazos, tronco, cabeza, pés, nocellos, todo o corpo nunha conxunción simultánea de dinámica muscular e mental que debe expresarse en total harmonía de movementos.